Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

CONVOCATORIA pública para elección de xuíz de paz.

Obxecto.

A elección de xuíz de paz do Xulgado de Paz de Baiona, de conformidade co disposto no artigo 101 da Lei orgánica do poder xudicial.

Prazo de presentación das solicitudes.

Ata o 6 de novembro de 2000.

Condicións legais dos aspirantes.

1. Ser español.

2. Maior de idade.

3. Non estar incurso nas incapacidades recollidas no artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial.

Documentación que hai que presentar coa solicitude.

1. Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do documento nacional de identidade.

2. Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados y Rebeldes, e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2, número 1º, a) da Lei 68/1980 referente a se se atopa inculpado ou procesado.

3. Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.

Baiona, 30 de setembro de 2000.

Benigno Rodríguez Quintás

Alcalde