Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán (Unidade Central), expediente nº 2000122C.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: contratación de obras de rede de saneamento e pavimentación do camiño das Lousas.

Prazo de execución (meses): 3.

3. Tramitación ordinaria: procedemento aberto: forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 12.267.725 pesetas.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información no Concello de Nigrán, praza Constitución 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Teléfono: 986 36 50 00. Fax: 986 38 39 31, ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría C.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Nigrán, ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.

8. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado e apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 27 de setembro de 2000.

José M. Rial Cadaval

Alcalde