Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria, do día 7 de setembro de 2000, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de legalización das obras de urbanización do Parque do Miño.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso de reposición, ante a Comisión de Goberno, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Advírtese que tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que os interesados coiden pertinente.

Este anuncio servirá de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992.

Ourense, 13 de setembro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente