Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAMIRÁS

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión do día da data, aprobou inicialmente o documento de modificacións puntuais do proxecto de ordenación do medio rural de Ramirás, redactado polo arquitecto Alberto de Paula Prieto. De conformidade co disposto nos artigos 50.1º e 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese a información pública por prazo dun mes a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia de Ourense. O expediente atópase na secretaría do concello á disposición dos interesados, que poderán formular alegacións, que deberán ser dirixidas a esta alcaldía.

Ramirás, 25 de setembro de 2000.

Pilar López García

Alcaldesa