Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 10 de marzo de 2000, convocáronse axudas para alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas e para realizar estadías en empresas.
Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo sétimo da citada orde,
RESOLVO:
Primeiro.-Conceder con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.480.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I, que se presentaron no cuarto prazo establecido (do 2 de xuño ó 15 de setembro de 2000, punto quinto.1 do DOG do 20 de marzo) por valor de 4.510.000 pesetas.
Segundo.-Indicar no anexo II as renuncias.
Terceiro.-De acordo co artigo noveno da orde de convocatoria, as axudas serán aboadas da seguinte forma:
Para as axudas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade, o pagamento realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.
Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:
1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non a acepta, entenderase que renuncia á súa percepción.
2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poidan efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.
3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:
3.1. Memoria.
Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas, que inclúe:
a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.
b) Obxectivos conseguidos.
c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles.
A memoria irá xunto cunha certificación do director do centro no que se faga consta-lo nome e número de DNI do profesor responsable do proxecto e dos profesores que o acompañaron na viaxe. Igualmente, engadirase unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.
3.2. Xustificación de gastos efectuados.
Os centros educativos enviarán unha certificación do Consello Escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada dos gastos efectuados.
Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dictar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento correcto desta orde.
Segunda.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2000.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Centros seleccionados
Tipo de acción Centro escolar Localidade Axuda concedida País de destino
Visita preparatoria IES Xelmírez 1 Santiago de Compostela 126.000 Italia
Estadía formativa de profesor IES de San Xillao Lugo 115.000 Francia
Visita preparatoria IES de Teis Vigo 126.000 Bélxica
Prácticas alumnos IES Isidro Parga Pondal Carballo 990.000 Irlanda
Visita de estudios CEIP Coirón Dena 126.000 Italia
Visita de estudios CEIP Esteiro Ferrol 126.000 Italia
Visita preparatoria Colexio S. Francisco Javier Santiago de Compostela 126.000 Alemaña
Visita preparatoria IES de Vilamarín Ourense 126.000 Inglaterra
Visita de estudio CEIP Raíña Fabiola Santiago de Compostela 126.000 Austria
Visita preparatoria IES Rosalía Castro Santiago de Compostela 126.000 Alemaña
Visita preparatoria CEIP Bretoña Bretoña 126.000 Italia
Visita preparatoria IES de Ames Ames 126.000 Alemaña
Visita preparatoria IES nº 1 de Ordes Ordes 126.000 Francia
Intercambio IES Luís Seoane Pontevedra 1.905.000 Alemaña
Visita de estudios CEIP Isaac Díaz Pardo A Coruña 40.000 Portugal
Visita preparatoria Colexio La Salle Ferrol 100.000 Francia
ANEXO II
Renuncias
Tipo de acción Centro escolar Localidade
Visita preparatoria IES Porta de Auga Ribadeo
Prácticas alumnos IES Porta de Auga Ribadeo

