Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.611

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 15 de novembro de 2000 pola que se dispón o nomeamento do presidente do Consello Regulador da Denominación Específica Orujo de Galicia.

Pola Orde do 5 de maio de 1989, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes recoñeceu a denominación específica Orujo de Galicia para as augardentes de bagazo producidas en Galicia.

Con posterioridade, polas ordes do 18 de marzo de 1998 e do 15 de febreiro de 1999, foi aprobada respectivamente a composición do Consello Regulador Provisional nomeando os seus membros e o regulamento da denominación específica Orujo de Galicia e do seu Consello Regulador.

A competencia para efectuar nomeamentos e cesamentos dos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe e específicas correspóndelle, de conformidade co artigo 89 e concordantes da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, do viño e dos alcois, ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, unha vez asumidas as funcións na materia, conforme a competencia recollida no artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Por todo iso, de conformidade co previsto, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O cesamento, por petición propia, de Crescencio Rodríguez Epelde, nas súas funcións como presidente do Consello Regulador da Denominación Específica Orujo de Galicia, agradecéndolle os servicios prestados no exercicio do seu cargo, para o que foi nomeado por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 20 de novembro de 1996.

Artigo 2º

O nomeamento de Francisco García-Bobadilla Prósper como novo presidente do Consello Regulador da Denominación Específica Orujo de Galicia.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria