Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2000 pola que se somete a información pública o estudio ambiental do proxecto de ampliación do caudal da central das Ferrerías, no río Forcadas, sita no concello de Valdoviño (provincia da Coruña) e promovido por Hidroeléctrica del Forcadas, S.A. (Expediente 14/069/4/2).

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 1999, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días hábiles, Augas de Galicia someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden pertinentes.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Somete-la información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de ampliación do caudal da central das Ferrerías, no río Forcadas, concello de Valdoviño (A Coruña).

2. Para os devanditos efectos informativos poranse, á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias administrativas:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, r/ Feáns, 1-3. Santiago de Compostela. A Coruña.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña. Edificios administrativos Monelos - Praza de Luis Seoane, s/n. A Coruña.

-Augas de Galicia, Demarcación Centro. Praza Camilo Díaz Valiño (estación de autobuses). Santiago de Compostela. A Coruña.

-Concello de Valdoviño, r/ Porta do Sol. Valdoviño. A Coruña.

3. As alegacións formularanse por escrito durante o dito prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e deberán ser presentadas, por duplicado, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia ou en calquera das dependencias ás que faga referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, dirixidas ó presidente de Augas de Galicia, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, s/n; 15704 Santiago de Compostela- indicando a clave do expediente sinalada no encabezamento deste escrito e unha dirección para efectos de notificación.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2000.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia