Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas definitivas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de encargado de reprografía do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.2 e 5 da Resolución do 28 de xullo de 2000, do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable CIXTEC, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de encargado de reprografía do CIXTEC, anúnciase que o director xeral deste centro, dictou Resolución do 16 de novembro, pola que declara aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos ás probas de encargado de reprografía do CIXTEC, data de realización do primeiro exercicio e se nomea o tribunal cualificador das probas.

As citadas listas e a composición do tribunal cualificador das probas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo de Internet http: //www.cixtec.es.

Así mesmo, infórmase que a realización do primeiro exercicio terá lugar o día 30 de novembro de 2000 ás 17 horas nas dependencias do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económi

co-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable