Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2000 pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos administrativos de obra.

Para os efectos do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS, do 6 de abril de 1995, foron adxudicados os seguintes contratos administrativos:

1. Título: proxecto e obra da construcción de 92 vivendas, garaxes e rochos en Lugo. Expediente: LU-99/030.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Adxudicatario: Agrupconsa, S.L.

Importe: 754.598.610 ptas. (IVE incluído).

2. Título: construcción de 20 vivendas, garaxes e rochos en Lugo. Expediente: LU-99/010.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Adxudicatario: Agrupconsa, S.L.

Importe: 259.750.000 ptas. (IVE incluído).

3. Título: reparación de tellados no grupo Xeneral Mola en Ourense. Expediente: OU-99/REP 05 B.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Adxudicatario: Proyecon Galicia, S.A.

Importe: 27.656.187 ptas. (IVE incluído).

4. Título: reparación dos tellados no grupo Muñoz Calero, Ribadavia. Ourense. Expediente: OU-99/REP 02.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Adxudicatario: Varela Villamor, S.L.

Importe: 14.697.884 ptas. (IVE incluído).

5. Título: demolición de soportais e substitución de celosías no grupo O Roeiro, no polígono de Vite en Santiago de Compostela. Expediente: C-99/REP 12.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Adxudicatario: Construcciones Gutiérrez, S.L.

Importe: 31.843.489 ptas. (IVE incluído).

6. Título: reparación de fachadas e cubertas dos bloques 1, 2, 3 e 9 e instalación dos contadores de auga nos bloques 3 e 9 do polígono de Elviña, O Birloque. A Coruña. Expediente: C-99/REP 04.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Adxudicatario: Alcuba, S.A.

Importe: 105.966.134 ptas. (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo