Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2000 pola que se acorda o inicio do expediente de expropiación e a necesidade de ocupación dos terreos e se somete a información pública a relación de bens e dereitos suxeitos á expropiación para a execución do Plan parcial reformado do polígono de Esteiro en Ferrol.

I. O Plan parcial do polígono de Esteiro en Ferrol, aprobado por orde do Ministerio da Vivenda do 30 de marzo de 1974 e modificado por Orde do 4 de febreiro de 1977, foi obxecto de posterior reforma, dando lugar ó Plan parcial reformado que foi aprobado definitivamente por acordo do Pleno municipal do 31 de xaneiro de 1984.

II. No dito Plan parcial reformado determináronse catro grupos de parcelas obxecto de expropiación para a ampliación do polígono, se ben parte delas xa foron afectadas polo expediente expropiatorio tramitado polo Instituto Nacional de Urbanización para a execución do denominado proxecto de saneamento e accesos ó Polígono de Esteiro na zona das Telleiras.

III. Por resolución deste IGVS do 31 de maio de 1993 someteuse a información pública a relación de bens e dereitos que se van expropiar para a exe

cución do Plan parcial reformado, comprendéndose na dita relación aqueles catro grupos de parcelas.

IV. O IGVS tramitou expediente expropiatorio relativo ás parcelas dos grupos A e B, que foi aprobado definitivamente por Resolución do 29 de maio de 1997, do delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, quedando pendente a expropiación das parcelas integrantes dos grupos C e D.

V. Co fin de proceder á expropiación das ditas parcelas, para a total execución do Plan parcial reformado, realizouse unha nova investigación do seu estado físico e xurídico, e para efectos de declara-la súa necesidade de ocupación e a dos bens e dereitos afectados así como a determinación dos seus respectivos titulares, de conformidade co establecido no artigo 17 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 16 do seu regulamento, procede formula-la dita relación e sometela á información pública por

prazo de quince días mediante anuncio no DOG, BOP e diario de maior circulación da provincia.

Durante o dito prazo os interesados poderán formular alegacións sobre a procedencia da ocupación e sobre o estado material ou legal dos bens e dereitos afectados, debendo achega-los datos e documentos que permitan a acreditación ou, se é o caso, rectificación das titularidades e circunstancias dos bens e dereitos contidos na relación.

O expediente estará exposto durante o dito prazo nas oficinas da Delegación Provincial do IGVS na Coruña, sitas na 9ª planta do edificio administrativo de Monelos (Polígono de Elviña), e no Concello de Ferrol.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

Relación de bens e dereitos. Plan parcial reformado do polígono de Esteiro (Ferrol)

Nº PREDIOPROPIETARIOENDEREZOMOUTROS BENS AFECTADOS

C1SOCIEDAD ESPAÑOLA OXÍGENO, S.A.PASEO RECOLETOS, 18 (28001 MADRID)2.3878 M PECHE FORMIGÓN

65 M PECHE CELOSÍA

370 M PECHE LADRILLO

C2UNIÓN ELÉCTRICA FENOSACAPITÁN HAYA, 53 (28020 MADRID)191 UD. CASETA TRANSFORMADOR

D1CHEDA MUÍÑOS, MANUEL HDOS.MARÍA, 209, 4º (15401 FERROL)31178 M VIVENDA (BAIXO+1+BAIXO CUBERTA)

57 M ADEGA

47 M PECHE LADRILLO

9 M PECHE MALLA

1 UD. PORTAL

D1AR1REAL BUENO, ALBERTOAS TELLEIRAS, 13 BAIXO, CARANZA (15406 FERROL)1.UD. RESCISIÓN CONTRATO ARRENDATICIO

D1AR2REAL BUENO, ANTONIOAS TELLEIRAS, 13, 1º CARANZA (15406 FERROL)1 UD. RESCISIÓN CONTRATO ARRENDATICIO

D1AMAYOBRE CASTELEIRO, JOSÉAS TELLEIRAS, 15, 1º CARANZA (15406 FERROL)908 M PECHE BLOQUE

D2VILLAR CASTRO, ANTONIOSTA. COMBA, 23-25, 6ºA (15404 FERROL)7751 M ADEGA

D3ARBA GABEIRAS, ELISEO

CASTELEIRO FERNÁNDEZ, LUIS

AV. MAR, 19, 11D (15406 FERROL)21870 M ADEGA

19 M PECHE PEDRA

1 UD PORTAL

D4LAGO PALMEIRO, TERESANUEVA DE CARANZA, 175-177, 3º A (15404 FERROL)9517 M PECHE PEDRA

1 UD. PORTAL

D6TOJEIRO SAAVEDRA, MARÍA LUISAAS TELLEIRAS, 29 BAIXO, CARANZA (15406 FERROL)352124 M VIVENDA (SEMISOTO+BAIXO+1+BAIXO

CUBERTA)

D7LOUREIRO LÓPEZ, ADELA E IRMÁNSCAMPO DA CRUZ, 23, ESTEIRO (15350 CEDEIRA)306

D9VIVERO POLO, ANICETO HROS.GULPILLEIRA, S/N,. STA. MARIÑA DO MONTE (15561 S. SADURNIÑO)177

D10BARROS ESPINA, MANUELDESCOÑECIDO (ARXENTINA OU VENEZUELA)165

D11BARGAS FERNÁNDEZ, CARMEN HROS.AS TELLEIRAS, 39 BAIXO. CARANZA (15406 FERROL)20344 M ADEGA

D12FOLGUEIRA DOMÍNGUEZ, JOSÉAS TELLEIRAS, BL. 22, PORTAL C, 4º ESQ. CARANZA (15406 FERROL)17642 M ADEGA

D13VILLAR CASTRO, DOMINGO HROS.AS TELLEIRAS, BL. 22, PORTAL B, 4º DER., CARANZA (15406 FERROL)165

D14PEÑA IGLESIAS, R. ANTONIO HROS.LAPIDO 10, AMBROA (15313 IRIXOA)524

D15LÓPEZ POUSO, RAFAEL E

SAS FRAGA, FRANCISCA HROS.

AS TELLEIRAS BL. 22, PORTAL C, 2º ESQ., CARANZA (15406 FERROL)264

D15APENA PENELAS, DIVINA HROS.RAMPA DE MATADOIRO, 2 (15002 A CORUÑA)310

D16DESCOÑECIDO940