Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva das contratacións de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

Adquisición de equipamento de moblaxe xeral e de oficina con destino ó Hospital Comarcal da Costa de Burela-Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS-29/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de moblaxe xeral e de oficina.

c) Lote: 5 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 77, do 19 de abril de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vinte millóns trescentas sesenta e sete mil catrocentas pesetas, IVE incluído (20.367.400 pesetas, IVE incluído) (122.410,54 euros).

Lotes nº 1: 9.002.000 pesetas (54.103,11 euros).

Lotes nº 2: 6.781.000 pesetas (40.754,63 euros).

Lotes nº 3: 1.475.000 pesetas (8.864,93 euros).

Lotes nº 4: 436.400 pesetas (2.622,82 euros).

Lotes nº 5: 2.673.000 pesetas (16.065,05 euros).

5. Adxudicación.

Lote nº 1: equip. mesas e armarios.

Lote nº 2: equip. cadeiras.

a) Data: 12 de xuño de 2000.

b) Contratista: Sutega Mobiliario de Oficina, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trece millóns duascentas cincuenta e oito mil oitocentas trinta e seis pesetas, IVE incluído (13.258.836 pesetas, IVE incluído) (79.687,21 euros).

Lote nº 3: equip. audiovisuais.

a) Data: 12 de xuño de 2000.

b) Contratista: Audiovisuales Codec, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón catrocentas sesenta e cinco mil pesetas, IVE incluído (1.465.000 pesetas, IVE incluído) (8.804,83 euros).

Lote nº 4: equip. utensilios varios.

a) Data: 12 de xuño de 2000.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trescentas noventa e sete mil catrocentas vintecatro pesetas, IVE incluído (397.424 pesetas, IVE incluído) (2.391,57 euros).

Lote nº 5: equip. dotación de vestiarios.

a) Data: 12 de xuño de 2000.

b) Contratista: Ofitenia Suministros de Oficina, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns catrocentas corenta e unha mil trescentas vintenove pesetas, IVE incluído (2.441.329 pesetas, IVE incluído) (14.672,68 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos