Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares da obra de pavimentación do núcleo de Baamonde, zona B, ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria do concurso para a contratación da devandita obra; aínda que no suposto de se produciren reclamacións contra o pre
go, a contratación aprazarase ata que sexan resoltas polo órgano de contratación.
Obxecto: obra de pavimentación do núcleo de Baamonde, zona B.
Orzamento: 2.657.270 pesetas, IVE incluído.
Garantía provisional: 53.145 pesetas.
Garantía definitiva: 106.290 pesetas.
Prazo de execución: un mes.
Información: oficinas municipais do Concello de Begonte.
Proposicións: deberán presentarse na secretaría xeral do concello, das 9 ás 14 horas, durante os trece días naturais seguintes ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.
Gastos do anuncio: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Begonte, 17 de novembro de 2000.
José Pena Rábade
Alcalde