Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.667

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 17 de novembro de 2000 sobre aprobación do prego de cláusulas administrativas particulares das obras de luz pública en Begonte, e así mesmo anuncio da convocatoria do concurso para a contratación das devanditas obras.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares da obra de luz pública en Begonte, ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria do concurso para a contratación da devandita obra; aínda que no suposto de se produciren reclamacións contra o prego, a contratación aprazarase ata que sexan resoltas polo órgano de contratación.

Obxecto: obra de luz pública en Begonte.

Orzamento: 4.993.321 pesetas, IVE incluído.

Garantía provisional: 99.866 pesetas.

Garantía definitiva: 199.732 pesetas.

Prazo de execución: un mes.

Información: oficinas municipais do Concello de Begonte.

Proposicións: deberán presentarse na secretaría xeral do concello, das 9 ás 14 horas, durante os trece días naturais seguintes ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Gastos do anuncio: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Begonte, 17 de novembro de 2000.

José Pena Rábade

Alcalde