Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 23 de novembro de 2000 Páx. 15.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 17 de novembro de 2000 sobre aprobación do prego de cláusulas administrativas particulares das obras de conducción de auga ás parroquias de Castro e Bóveda, e así mesmo anuncio da convocatoria do concurso para a contratación das devanditas obras.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares da obra de conducción de auga as parroquias de Castro e Bóveda, ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria do concurso para a contratación da devandita obra; aínda que no suposto de se produciren reclamacións contra o prego, a contratación aprazarase ata que sexan resoltas polo órgano de contratación.

Obxecto: obra de conducción de auga ás parroquias de Castro e Bóveda.

Orzamento: 9.775.915 pesetas, IVE incluído.

Garantía provisional: 195.518 pesetas.

Garantía definitiva: 391.036 pesetas.

Prazo de execución: seis meses.

Información: oficinas municipais do Concello de Begonte.

Proposicións: deberán presentarse na secretaría xeral do concello, das 9 ás 14 horas, durante os trece días naturais seguintes ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Gastos do anuncio: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Begonte, 17 de novembro de 2000.

José Pena Rábade

Alcalde