Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 24 de novembro de 2000 Páx. 15.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de acondicionamento dun espacio público en Celanova (Ourense), praza Rubí, Alameda e parque Trigueirizas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano, 15704, Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 00-08-OR.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acondicionamento dun espacio público en Celanova (Ourense), praza de Rubí, Alameda e parque Trigueirizas.

b) Lugar de execución: Celanova (Ourense).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento tres millóns cincocentas trinta mil (103.530.000) pesetas (622.227,83 euros).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha fianza provisional de dous millóns setenta mil seiscentas (2.070.600) pesetas (12.444,56 euros), segundo o definido na letra H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares. (Dispensarase desta fianza a quen acredite a clasificación requirida na orde do Ministerio de Economía e Facenda do 11 de abril de 1996).

Definitiva: esixirase unha fianza definitiva de catro millóns cento corenta e unha mil duascentas (4.141.200) pesetas (24.889,11 euros), segundo o definido na letra I do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Obtención de documentación:

Copynino. Rúa Xeneral Pardiñas, nº 2 (15701, Santiago de Compostela, A Coruña). Teléfono: 981 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a 4.960 pesetas (IVE incluído) (euros).

6.2. Obtención de información.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15703.

d) Teléfono: 981 54 43 82/54 43 71.

6.3. Data límite de obtención de documentos e información:

Trece (13) días contados a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

-Grupo C), subgrupo 6), categoría d).

-Grupo G), subgrupo 6), categoría d).

b) Outros requisitos: datos referentes á situación do empresario, así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: trece (13) días contados a partir de aquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

d) Admisión de variantes: ver punto 2.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

Acto público ás 10 horas do terceiro (3º) día hábil que non coincida en sábado, contado a partir de aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Edificios administrativos San Caetano. Santiago de Compostela (A Coruña).

10. Outras informacións.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Así mesmo, tamén poden obterse os pregos relativos a esta contratación na seguinte páxina de Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=88.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda