Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: modificado do proxecto Granxas Parada.
Situación: Xinzo de Limia.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 653 m derivada desde o apoio nº 29 da L.M.T. Xinzo-Os Blancos e con final na L.M.T. existente sobre apoios de formigón ata o C.T. Granxas Parada, ó que se lle cambia o trafo por outro de 160 kVA. R/T 20.000/280-220 V. Redes de baixa tensión derivadas do C.T.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar, de non chegaren as partes a un acordo amigable, figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentalas súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1996, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.
Ourense, 28 de setembro de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 98/116. Provincia: Ourense.
L.M.T. Granxas Parada.Termo municipal: Xinzo de Limia.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
32004 Ourense5 O Pazo Monte alto Leopoldo Marquina Romero r/ Cardeal Quevedo, 7, 3º
3,4 4 256 3.088