De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución dictada pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres estanse a tramitar nesta delegación.
Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.
Pontevedra, 23 de outubro de 2000.
José Luís Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: EN 20/2000.
Denunciado: Andrés Carlos Reboreda Rivera, enderezo Canceleiro, nº 11.
Feitos denunciados: circular cun vehículo por zona prohibida alterando as condicións dun espacio natural protexido. Feitos denunciados ás 15.45 horas do día 14 de maio de 2000, en Barra-O Hío, concello de Cangas.
Data do acordo da incoación: 25-5-2000.
Alegacións á incoación: non presenta escrito na súa descarga.
Data da proposta de resolución: 15-9-2000.
Precepto infrinxido: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Euro
pea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.
Precepto sancionador: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.
Sanción: 50.000 pesetas.