1. Entidade adxudicadora: Concello de Baralla.
2. Obxecto do contrato: a execución da obra saneamento en Pol (Baralla).
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Tipo de licitación: fíxase na cantidade de 3.689.153 pesetas.
5. Prazo de execución: 3 meses.
6. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.
7. Presentación de ofertas:
As proposicións para tomar parte no concurso presentaranse na secretaría do concello durante o prazo de 13 días naturais, de dez a catorce horas, contados desde o día seguinte á publicación do último anuncio no DOG ou no BOP.
8. Apertura de plicas: pola mesa de contratación, na casa do concello, ás 12 horas do 3º día seguinte hábil a aquél en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, en que se trasladará ó luns seguinte.
9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Baralla, 4 de novembro de 2000.
Manuel J. González Capón
Alcalde