Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T. e R.B.T. da Eirexa, no concello de Maceda. (Expediente IN407A 00/36-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003-Ourense solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentouse alegación conxunta asinada por Dolores Blanco Diéguez e Delfina Blanco Diéguez reclamando a titularidade do predio nº 5, o que, logo das oportunas comprobacións xa foi corrixido pola empresa beneficiaria, sen prexuízo de que aquelas presenten no seu día a correspondente documentación; no que respecta ó desvío da instalación seguindo os lindeiros do predio, que tamén solicitan, desestímase xa que o proxecto segue a traza da liña existente, á cal substitúe para mellora-la calidade do servicio e a seguridade das instalacións, e o trazado proposto afectaría a novos propietarios, non incluídos no expediente expropiatorio, e non cumpriría conxuntamente as condicións que sinala o artigo 26 do sinalado Decreto 2619/1966, ó ser superior ó 10% da parte da liña afectada. De non chegar a un acordo amigable e logo de celebradas as actas previas, para as que serán citadas oficialmente, poderán presenta-la súa valoración para que o Xurado Provincial de

Expropiación dictamine o prezoxusto no presente caso.

Vista sobre o terreo a citada traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren res

pectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

1. Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos para un orzamento de 13.066.327 ptas.:

-Liñas aéreas a 20 kV, en conductor LA-56: 1ª.-de 262 m, derivada desde a L.M.T. ó C.T., en caseta dos Canos, e remate no C.T. existente, de 250 kVA e r/t 20.000/380-220 V, das Canteiras; 2ª.-de 583 m derivada desde o apoio nº 77 da L.M.T. Vixueses-Xunqueira de Espadanedo e con final no C.T. existente en caseta na estrada dos Milagres. Redes de baixa tensión aéreas en conductor R.Z. desde os CC.TT. das Canteiras, Os Canos, Estrada dos Milagres e Tourchaioso; deste dous últimos tamén parten redes de baixa tensión soterradas de 0,28 e 0,06 km, respectivamente, en conductor RV-06/1 kV-4x240 Al.

2. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

3. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 11 de abril de 2000, que se publicou no DOG do 9-5-2000, no BOP de Ourense do 11-5-2000 e no xornal La Región do 26-4-2000.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do pro

cedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 20 de outubro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense