Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Vanesa, no concello da Lama (provincia de Pontevedra), por parte de Patricio Morais Cabaleiro.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Patricio Morais Cabaleiro, con domicilio en San Jorge, Outeiro, Salceda de Caselas, presentou nesta delegación provincial, o día 13 de xuño de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Vanesa, de 4 cuadrículas mineiras para recursos de sección C), granito ornamental, que se sitúa no termo municipal da Lama da provincia de Pontevedra, e á que lle correspondeu o nº 2868 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 20' 20''42º 27' 00''

Vértice 28º 21' 00''42º 27' 00''

Vértice 38º 21' 00''42º 27' 40''

Vértice 48º 20' 20''42º 27' 40''

A solicitud foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 27 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra