Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que de anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 154/1999).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aerosubterránea a 66 kV desde a liña Tambre II-Palmeira ata a subestación de Boiro, no termo municipal de Boiro (expediente 154/1999), por resolución desta delegación provincial do 19 de setembro de 2000, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-los días 11, 12 e 13 de decembro de 2000 para o levantamento das

actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Boiro, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia co datas do 17 de xuño, 21 de xuño e 9 de xuño, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual, sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir o Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzcan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 8 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña