Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 2 de novembro de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente 10/2000, de clasificación dun monte desta provincia.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:

Expediente número: 10/2000.

Denominación: monte de Vilaverde.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Vilaverde.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 46 hectáreas.

Estremas:

Norte: predios particulares da parroquia. Leste: monte San Roque da parroquia da Parte. Sur e oeste: monte San Roque da parroquia de Ribasaltas.

Descrición do perímetro:

Os únicos lindeiros salientables deste monte da parroquia de Valverde son:

-Polo sur e oeste divide co monte de San Roque da parroquia de Ribasaltas polo cumio do mesmo nome que divide augas entre parroquias.

-Polo leste divide cos montes da Parte baixando desde San Roque de sur a norte segundo unha lomba.

En virtude do acordado polo xurado, na sesión que tivo lugar o día 29 de marzo de 2000 e en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistilos en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 2 de novembro de 2000.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo