Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 05 de decembro de 2000 Páx. 16.157

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2000 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de vehículos para este instituto.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga).

Dependencia tramitadora: Secretaría do Ilgga.

Número de expediente: concurso 2/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de vehículos.

b) Nº de unidades: 4.

c) Lugar de entrega: nos servicios centrais do Ilgga, sitos na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela.

d) Prazo de entrega: 15 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 360.000 pesetas.

6. Obtención de información e documentación.

Entidade: Ilgga.

Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n.

Código postal e localidade: 15704, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 62 60.

Fax: 981 54 61 91.

Data límite de obtención de documentos e información: o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas.

Data límite: o prazo de presentación finalizará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe na contratación.

Lugar de presentación: no rexistro do Ilgga, sito na rúa dos Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela (C.P. 15704). Tamén poden achegarse as proposicións por correo, do xeito previsto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Modelo de presentación: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo obrigatorio para mante-la oferta: 3 meses.

Variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Ilgga. O acto público terá lugar na sala de xuntas do dito organismo.

Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela.

Data: o sexto día natural siguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non sexa sábado ou festivo, caso no que será o seguinte día hábil.

Hora: ás 13 horas.

9. Documentación de interese para os solicitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse no rexistro do Ilgga (rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela).

10. Gastos do anuncio.

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2000.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia