Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 04 de xaneiro de 2001 Páx. 129

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de decembro de 2000 pola que se resolve a concesión de axudas para financia-las actividades das asociacións, federacións e confederacións de alumnos.

Por Orde do 6 de setembro de 2000 (DOG do 18), esta consellería convocou axudas para financia-las actividades das asociacións, federacións e confederacións de alumnos de centros docentes de niveis non universitarios e de acordo coa proposta realizada pola comisión establecida no punto sexto da dita orde,

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle, con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.323A.480.1 á asociación de alumnos Comités Abertos de Estudiantes do IES Pazo da Mercé, das Neves (Pontevedra) unha axuda de 500.000 pesetas.

Segundo.-Modifica-lo prazo de xustificación establecido no punto décimo da Orde do 6 de setembro de 2000 (DOG do 18) e fixar novo prazo para a xustificación total da axuda ata o día 31 de decembro de 2000.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria