Examinado o expediente instruído por instancias de Electra de Viesgo I, S.A., con enderezo para efectos
de notificación en Medio, 12; 39080 Santander, resultan os seguintes:
Antecedentes de feito.
Primeiro.-Con data do 19 de xuño de 2000, a empresa Electra de Viesgo I, S.A. solicita a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e a aprobación do proxecto de execución da subestación de Boimente 400/132 kV.
Xúntanse o preceptivo proxecto de instalacións ó que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.
As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:
Subestación transformadora 400/132 kV para recollida da enerxía xerada nos parques eólicos da zona no marco do Plan Eólico de Galicia dentro da provincia de Lugo, composta por parque intemperie de 132 kV, dobre xogo de barras 132 kV, cela de entrada de BT de autotrafo 400/132 kV, celas de liña 132 kV, cela de unión de barras, edificio de control e transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 630 kVA de potencia nominal, cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.
Segundo.-O citado proxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 26 de xullo de 2000, publicándose no DOG do 12-9-2000, no BOP de Lugo do 7-8-2000 e no diario El Progreso do 9-8-2000.
Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.
Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Lugo.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materias eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.
Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.
Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,
RESOLVE:
1. Autoriza-la subestación de Boimente 400/132 kV.
2. Aproba-lo proxecto de execución da citada instalación.
3. Declara-la utilidade pública, en concreto, da subestación, o que implica a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2000.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria

