De acordo co previsto no artigo 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999,
do 7 de outubro, dáselles publicidade ó estado de execución do orzamento da Comunidade Autónoma e ás súas modificacións, e á situación de tesourería e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ó terceiro trimestre de 2000, que figuran como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2001.
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda

