Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2001 Páx. 874

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 18 de xaneiro de 2001 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 2001.

A Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, fixa a contía das retribucións para o dito exercicio correspondentes ós funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Coa finalidade de facilita-la confección das nóminas que se elaborarán para abona-las mencionadas retribucións, esta consellería considera oportuno dicta-las seguintes instruccións, que se limitan a aplica-lo disposto na dita disposición e nas precedentes polo que respecta ás súas normas de vixencia indefinida, así como nas demais normas reguladoras do réxime retributivo do persoal ó servicio da Administración autonómica.

Por todo isto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Instruccións sobre a contía das retribucións dos funcionarios públicos que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988.

1. Con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2001, os funcionarios públicos que desempeñen postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988, do 26 de maio, percibirán as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías que se detallan nos anexos I e II desta orde.

2. Polo que respecta ós complementos específicos, a súa contía experimentará un incremento do 2% respecto da aprobada para o exercicio de 2000, sen prexuízo, se é o caso, do previsto no artigo 11.a) da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2001.

En consecuencia, a contía dos citados complementos será a que figura na táboa que se detalla no anexo III desta orde.

3. As contías das retribucións do persoal docente non universitario establecidas por acordos do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de xaneiro de 1992 e 23 de xaneiro de 1992, son as que se reflicten no anexo IV desta orde.

4. Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10.1º da Lei 13/1988, do 30 de decembro, serán absorbidos por calquera mellora retributiva, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista no parágrafo anterior, en ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios, e só se computarán no 50% do seu importe as melloras retributivas derivadas do incremento das retribucións de carácter xeral establecidas no artigo 11 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, entendendo que teñen este carácter o soldo referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o complemento específico.

Segundo.-Devengo de retribucións.

1. A diferencia, en cómputo mensual, entre a xornada regulamentaria de traballo e a efectivamente realizada polo funcionario dará lugar, salvo xustificación, á correspondente deducción proporcional de haberes.

Para o cálculo do valor hora aplicable á dita deducción tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario, dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, pola súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña obriga de cumprir, de media, cada día.

No caso de toma de posesión no primeiro destino, no de cesamento no servicio activo, no de licencias sen dereito a retribución e, en xeral, nos supostos de dereitos económicos que normativamente deban liquidarse por días, ou con reducción ou deducción proporcional de retribucións, deberá aplicarse o sistema de cálculo establecido no parágrafo anterior.

2. Cando, con suxeición á normativa vixente, o funcionario realice unha xornada inferior á normal, a contía das súas retribucións determinarase na forma prevista nas normas dictadas para a aplicación do réxime retributivo a que estea suxeito.

a) Os funcionarios que realicen unha xornada de traballo diminuida en 1/3 ou en 1/2, de acordo co disposto no artigo 70.f da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril e pola Lei 2/1998, do 8 de abril, experimentarán unha reducción de 1/3 ou 1/2, respectivamente,

sobre a totalidade das súas retribucións básicas e complementarias, con inclusión dos trienios.

Para o cálculo do valor hora aplicable á dita reducción nas pagas ordinarias, tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario, dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, pola súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña a obriga de cumprir, de media, cada día.

O importe total da paga extraordinaria afectada por un período de tempo en xornada reducida será o correspondente á suma dos respectivos importes de cada un dos dous períodos, con e sen reducción de xornada, dos seis meses computables nas ditas pagas, segundo o seguinte sistema de cálculo:

Para o período, ou períodos, non afectados pola reducción de xornada pero incluídos nos seis meses anteriores ó seu devengo, sobre o dito devengo cando o número de días é inferior ó do total computable nela, dividirase a contía da paga extraordinaria que, na data do 1 de xuño ou 1 de decembro, segundo os casos, se devengaría na xornada completa por un período de seis meses, entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente, multiplicando este resultado polo número de días nos que se prestase servicio sen reducción de xornada.

Para o período, ou períodos, afectados pola xornada reducida, aplicarase o mesmo sistema de cálculo anterior pero tomando como dividendo a citada contía reducida de forma proporcional á propia reducción de xornada.

b) Ós restantes tipos de xornada reducida, se é o caso, aplicaráselle-la reducción de retribución establecida na súa normativa específica.

3. As retribucións básicas e complementarias que se teña dereito a percibir con carácter fixo e periodicidade mensual faranse efectivas por mensualidades completas e con referencia á situación e dereitos do funcionario referidos ó primeiro día hábil do mes a que correspondan, agás nos seguintes casos, en que se liquidarán por días:

a) No mes de toma de posesión do primeiro destino na Comunidade Autónoma nun corpo ou escala, no de reingreso ó servicio activo e no de incorporación por conclusión de licencias sen dereito a retribución.

b) No mes de iniciación de licencias sen dereito a retribución.

c) No mes en que se cese no servicio activo na Comunidade Autónoma, agás que sexa por motivos de falecemento, xubilación ou retiro de funcionarios suxeitos ó réxime de clases pasivas do Estado e, en xeral, a calquera réxime de pensións públicas que se devenguen por mensualidades completas desde o primeiro día do mes seguinte ó do nacemento do dereito.

4. As pagas extraordinarias devengaranse o primeiro día hábil dos meses de xuño e decembro e con referencia á situación e dereitos do funcionario nas ditas datas, agás nos seguintes casos:

a) Cando o tempo de servicios prestados na Administración da Comunidade Autónoma ata o día en

que se devengue a paga extraordinaria non comprenda a totalidade dos seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria reducirase proporcionalmente, computando cada día de servicios prestados no importe resultante de dividi-la contía da paga extraordinaria que na data do seu devengo lle correspondese por un período de seis meses entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente.

b) Os funcionarios en servicio activo que se encontren desfrutando de licencia sen dereito a retribución nas datas indicadas devengarán a correspondente paga extraordinaria, pero a súa contía experimentará a reducción proporcional prevista no parágrafo a) anterior.

c) No caso de cesamento no servicio activo na Comunidade Autónoma, a última paga extraordinaria devengarase o día do cesamento e con referencia á situación e dereitos do funcionario na dita data, pero en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, excepto que o cesamento sexa por xubilación, falecemento ou retiro dos funcionarios a que se refire o punto segundo 3.c); neste caso, os días do mes no que se produce o dito cesamento computaranse como un mes completo.

Para os efectos previstos nesta orde, o tempo de duración de licencias sen dereito a retribución non terá a consideración de servicios efectivamente prestados.

Se o cesamento no servicio activo se produce durante o mes de decembro, a liquidación da parte proporcional da paga extraordinaria correspondente ós días transcorridos do dito mes farase de acordo coas contías das retribucións básicas vixentes nel.

O persoal que preste servicios na Comunidade Autónoma percibirá as pagas extraordinarias segundo os servicios efectivamente prestados nela, computándose para estes efectos como se tódolos servicios prestados polo funcionario na Comunidade Autónoma fosen na última consellería, organismo ou centro ó que estivese adscrito e en situación de activo o primeiro día hábil dos meses de xuño ou decembro.

Terceiro.-Descontos.

1. No ano 2001, a porcentaxe de cotización que se aplicará ós mutualistas das mutualidades xerais de funcionarios será do 1,69% sobre a base de cotización establecida como haber regulador para efectos de cotización de dereitos pasivos.

No anexo V desta orde exprésanse as cotas mensuais de cotización dos funcionarios á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface) e do persoal da Administración de Xustiza (Mugeju), que corresponden ó tipo do 1,69%.

2. As cotas de dereitos pasivos que os habilitados de persoal deben reter en nómina cada mes continuarán sendo do 3,86% dos haberes reguladores pasivos que fixa a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2001, de modo que para tódolos funcionarios do mesmo corpo, escala, emprego ou categoría, calquera que sexa a súa antigüidade no ser-

vicio do Estado, a cota supón unha cantidade única e idéntica.

Estas cantidades, en cómputo mensual, reflíctense así mesmo no anexo V desta orde.

O persoal funcionario que estivese suxeito ó réxime xeral da Seguridade Social continuará cotizando de acordo con este sistema.

3. As cotas de dereitos pasivos e de cotización dos mutualistas ás mutualidades xerais de funcionarios correspondentes ás pagas extraordinarias, reduciranse na mesma proporción en que se minoren as ditas pagas como consecuencia de aboarse estas en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, calquera que sexa a data do seu devengo.

As cotas ás que se refire o parágrafo anterior, ó igual que as correspondentes ás pagas ordinarias dos períodos de tempo no que se desfrute licencia sen dereito a retribución, non experimentarán reducción na súa contía.

4. O disposto nos números anteriores enténdese sen prexuízo das reduccións que deba experimenta-la cota de dereitos pasivos nos supostos en que así proceda por xornada reducida ou a tempo parcial.

Cuarto.-Outras instruccións.

1. As retribucións do persoal laboral da Comunidade Autónoma son as que figuran no anexo VI desta orde.

O complemento de convenio deste persoal será o que figura, se é o caso, nas relacións de postos de traballo aprobadas polos respectivos acordos do Consello da Xunta de Galicia.

2. Os complementos persoais e transitorios e demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2001.

3. Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988 percibirán as retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo en que estea incluído o corpo no que ocupen vacante, e as retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídas as que, se é o caso, estean vinculadas á condición de funcionario de carreira.

O complemento de productividade poderá asignárselles, se é o caso, ós funcionarios interinos ós que se refire o parágrafo anterior, así como ó persoal eventual e ós funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ós funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

4. As retribucións do persoal contratado administrativo a que se refire a disposición transitoria décima da Lei 4/1988, do 26 de maio, introducida pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, mentres non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, serán

as mesmas que viñan percibindo no ano 2000, incrementadas no 2%.

5. De conformidade co disposto no artigo 19.1º da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, cando non sexan de aplicación as retribucións establecidas no artigo 16 da dita lei, estas veranse incrementadas no 2% con relación ás devengadas no ano 2000.

6. Os funcionarios de carreira que cambien de posto de traballo na Comunidade Autónoma excepto nos casos previstos na letra a) do artigo 15 da Lei 13/1988 terán dereito, durante o prazo de toma de posesión, á totalidade das retribucións tanto básicas como complementarias, de carácter fixo e periodicidade mensual.

Para a aplicación do disposto nesta orde, no caso de que o termo do dito prazo se produza dentro do mesmo mes en que se efectuou o cesamento, as citadas retribucións faraas efectivas a dependencia que dilixencie o dito cesamento e, de conformidade co disposto no referido artigo 15, por mensualidade completa e de acordo coa situación e dereitos do funcionario referidos ó primeiro día hábil do mes no que se produza o cesamento. Se, polo contrario, o dito termo recaese en mes distinto ó de cesamento, as retribucións do primeiro mes faranse efectivas da forma indicada e as do segundo aboaraas a dependencia correspondente ó posto de traballo ó que se accede, así mesmo por mensualidade completa e na contía correspondente ó posto en que se tomou posesión, sen prexuízo do disposto nas letras b) e c) do citado artigo 15 da Lei 13/1988.

7. Os titulares de postos de traballo que se supriman nas relacións de postos continuarán percibindo, ata que sexan nomeados para desempeñar outros postos de traballo e durante un prazo máximo de tres meses contados a partir da data en que produciu efectos económicos a citada supresión, co carácter de á conta do que lle corresponda polo novo posto de traballo, as retribucións complementarias correspondentes ó posto suprimido, sen que proceda ningún reintegro, no caso de que as cantidades percibidas á conta foran superiores.

8. As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos para os efectos do cálculo dos anticipos reintegrables a funcionarios, entenderanse sempre feitas ás retribucións básicas e complementarias que estes perciban nos seus importes líquidos.

9. No caso de adscrición, durante o ano 2001, dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo ó que se adscriba, este percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación, que deberá autoriza-la Consellería da Presidencia e Administración Pública por proposta da consellería interesada.

Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

10. A provisión de postos de traballo para desempeñar polo persoal funcionario ou a formalización de novos contratos de persoal laboral fixo, así como a modificación da categoría profesional destes últimos, requirirá que os ditos postos figuren detallados nas respectivas relacións de postos de traballo, e que o seu custo en cómputo anual estea dotado orzamentariamente ou, no seu defecto, o autorice a Consellería de Economía e Facenda.

En calquera caso, a provisión de postos de traballo de persoal funcionario requirirá a plena observancia do disposto na normativa vixente sobre incompatibilidades.

11. A alta en nómina do persoal laboral temporal e interino deberá, en todo caso, ir xunto coa autorización establecida no punto catro do artigo 24, da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

12. As referencias relativas ás retribucións contidas nesta orde entenderanse sempre feitas a retribucións íntegras, agás no previsto no epígrafe catro punto 8 dela.

13. As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías serán idénticas ás dos subdirectores xerais da Xunta e imputaranse ó concepto orzamentario 100.00 dentro do programa correspondente. Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

14. As retribucións do persoal eventual experimentarán un incremento do 2% respecto das que viñan percibindo en decembro de 2000.

15. Así mesmo, e con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2001, as retribucións do persoal que desempeñe algún posto de traballo no Servicio Galego de Saúde, Sergas, dos dotados no seu orzamento de gastos deste ano, conforme o anexo de persoal correspondente, experimentarán un incremento do 2% respecto ás fixadas para o exercicio de 2000.

En consecuencia, as retribucións do persoal estatutario e persoal MIR serán as que se detallan no anexo VII desta orde.

16. O persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario, ó que lle resulte de aplicación o acordo sobre aspectos retributivos e outras condicións de traballo, publicado pola resolución conxunta do 26 de xaneiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, percibirá o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade, modalidade de quendas, conforme o réxime previsto na devandita disposición e demais de desenvolvemento, nas contías que figuran no anexo VIII.

Así mesmo, o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade ordinario correspondente ás categorías sinaladas no epígrafe segundo 3) da devandita disposición, percibirase en función do réxime de quendas concorrente e nos importes sinalados no anexo IX.

17. O persoal estatutario das unidades e servicios de atención primaria ás que fai referencia o artigo 1 do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación de atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, percibirá, ademais das retribucións recollidas no anexo VII, como complemento de productividade fixa, os importes correspondentes conforme os factores e criterios recollidos na letra a) do artigo 7 do Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria e que figuran no anexo X.

18. Con respecto ás retribucións do persoal estatutario que percibe o seu salario polo sistema de cota, estas experimentarán un incremento do 2% con respecto ás percibidas no ano 2000. Os premios de antigüidade correspondente ó persoal de cota e zona rexeranse pola súa normativa específica. Os ditos premios de antigüidade faranse efectivos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte ó da data na que se complete o período de tres anos, necesarios para o seu perfeccionamento.

19. As retribucións correspondes ó complemento de atención continuada serán as recollidas no anexo XI.

20. As contías das indemnizacións por razón do servicio serán as reguladas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, modificado polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro, coas súas correspondentes revisións, se houbese lugar.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2001.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

FUNCIONARIOS QUE DESEMPEÑAN POSTOS DE TRABALLO PARA OS QUE

O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU A APLICACIÓN DO RÉXIME

RETRIBUTIVO PREVISTO NA LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO

Retribucións básicas

Contía mensual

GrupoSoldoTrienio

A164.4106.315

B139.5405.053

C104.0173.792

D85.0522.533

E77.6461.900

As pagas extraordinarias devengaranse en igual contía, cada unha delas, a unha mensualidade de soldo e trienios, agás nos casos previstos no epígrafe segundo, punto 4 desta orde.

ANEXO II

FUNCIONARIOS QUE DESEMPEÑAN POSTOS DE TRABALLO PARA OS QUE

O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU A APLICACIÓN DO RÉXIME

RETRIBUTIVO PREVISTO NA LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO

Complemento de destino

Nivel de complemento de destino Contía mensual

30144.368

29129.497

Complemento de destino

Nivel de complemento de destino Contía mensual

28124.050

27118.602

26104.051

2592.316

2486.869

2381.425

2275.976

2170.539

2065.525

1962.177

1858.830

1755.482

1652.141

1548.792

1445.448

1342.100

1238.751

1135.409

1032.062

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada neste anexo será modificada nos casos en que así proceda de acordo coa normativa vixente, sen que iso implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

ANEXO III

Nivel de complemento de destino Complemento específico (mensual)

30200.879

28(A)147.705

28(B)124.073

26118.166

25103.394

2491.577

2270.898

2053.175

1847.266

1644.314

1441.357

1238.403

1035.449

Os complementos específicos que o 31 de decembro de 2000 non tivesen a súa contía relacionada neste anexo experimentarán un incremento do 2% a partir do 1 de xaneiro de 2001.

ANEXO IV

PROFESORADO DOS CENTROS DE ENSINO BÁSICO, BACHARELATO,

FORMACIÓN PROFESIONAL, ENSINANZAS ARTÍSTICAS E IDIOMAS

1º Grupos de clasificación, niveis de complemento de destino e importes mensuais do compoñente xeral do complemento específico:

GrupoNivel de

complemento de

destino

Compoñente xeral do

complemento

específico ptas./mes

Catedráticos de música e artes escénicas e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, coa condición de catedráticos.A2656.352

GrupoNivel de

complemento de

destino

Compoñente xeral do

complemento

específico ptas./mes

Profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de artes plásticas e deseño e de música e artes escénicasA2448.979

Profesores técnicos de formación profesional e mestres de taller de artes plásticas e deseñoB2448.979

MestresB2148.979

2º Compoñente singular do complemento específico pola titularidade de órganos unipersoais de goberno e polo desempeño de postos de traballo docentes singulares. Os importes mensuais do dito compoñente son os seguintes:

Un.-Desempeño de órganos de goberno unipersoais.

Cargos académicosTipo de

centro

Centros de educación

secundaria, CPI,

artísticas e similares

ptas./mes

Centros de educación

infantil, primaria,

especial e asimilados

ptas./mes

DirectorA93.63276.732

B80.64769.459

C73.00450.263

D66.08737.162

E--22.667

VicedirectorA41.187--

B40.384--

C29.110--

D25.085--

Xefe de estudiosA41.18726.694

B40.38425.085

C29.11024.280

D25.08517.837

E25.085--

SecretarioA41.18726.694

B40.38425.085

C29.11024.280

D25.08517.837

E25.085--

Dous.-Desempeño de postos de traballo docentes singulares.

PostoPtas./mes

Centros de educación secundaria:

-Xefatura de departamento9.784

-Coordinación de formación en centros de traballo9.784

Escolas de artes aplicadas:

-Coordinación de especialidade9.784

Escolas de artes aplicadas e conservatorios de música:

-Xefatura de seminario9.784

Centros residenciais docentes:

-Xefatura de residencias centros tipo A41.187

-Xefatura de residencias centros tipo B40.384

-Xefatura de residencias centros tipo C29.110

-Director de residencias9.784

Responsable de menos de 3 unidades en centros de edc. infantil e primaria9.784

Membros dos equipos de orientación específicos26.694

Programa reforma educación primaria e secundaria:

-Coordinación técnica80.647

PostoPtas./mes

-Equipos reforma41.187

C.E.F.O.R.E.S.:

-Dirección80.647

-Asesor41.187

Asesor técnico docente41.187

Colexios rurais agrupados:

-Director centros tipo C50.263

-Director centros tipo D37.162

-Director centros tipo E22.667

-Xefatura de estudios e secretaría17.837

-Profesor9.784

Profesores de educación permanente de adultos9.784

3º O importe mensual do compoñente do complemento específico por formación permanente dos funcionarios de carreira docentes é o seguinte:

1º período: 8.733 ptas./mes.

2º período: 11.228 ptas./mes.

3º período 14.972 ptas./mes.

4º período: 21.210 ptas./mes.

5º período: 6.237 ptas./mes.

4º Profesorado e conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes:

As retribucións do profesorado e dos conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes deste anexo, pero que estean recoñecidos expresamente pola normativa vixente aplicable o 31 de decembro de 2000, experimentarán, así mesmo, a partir do 1 de xaneiro de 2001, un incremento do 2% sobre as contías fixadas para 2000.

ANEXO V

COTAS MENSUAIS DE COTIZACIÓN Á MUTUALIDADE XERAL DE FUNCIONARIOS

CIVÍS DO ESTADO CORRESPONDENTES Ó TIPO DO 1,69 POR 100

GrupoCota mensual

A6.005

B4.726

C3.630

D2.872

E2.448

Nos meses de xuño e decembro tódolos funcionarios aboarán a cota dobre, agás nos casos previstos no epígrafe terceiro, punto 3 desta orde.

COTAS MENSUAIS DE COTIZACIÓN Á MUTUALIDADE XERAL XUDICIAL

CORRESPONDENTES Ó TIPO DO 1,69 POR 100

MultiplicadorCota mensual

4,756.005

4,506.005

4,006.005

3,506.005

3,256.005

3,006.005

2,506.005

2,254.726

2,004.138

MultiplicadorCota mensual

1,502.872

1,252.448

Nos meses de xuño e decembro tódolos funcionarios aboarán cota dobre, agás nos casos previstos no epígrafe terceiro, punto 3 desta orde.

COTAS MENSUAIS DE DEREITOS PASIVOS DOS FUNCIONARIOS CIVÍS DO

ESTADO CORRESPONDENTES Ó 3,86 POR 100 DO HABER REGULADOR

GrupoCota mensual

A13.715

B10.794

C8.290

D6.559

E5.592

Nos meses de xuño e decembro tódolos funcionarios aboarán cota dobre, agás nos casos previstos no epígrafe terceiro, punto 3 desta orde.

COTAS MENSUAIS DE DEREITOS PASIVOS CORRESPONDENTES Ó 3,86

POR 100 DO HABER REGULADOR DO PERSOAL Ó SERVICIO

DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

MultiplicadorCota mensual

4,7513.715

4,5013.715

4,0013.715

3,5013.715

3,2513.715

3,0013.715

2,5013.715

2,2510.794

2,00 9.452

1,50 6.559

1,25 5.592

Nos meses de xuño e decembro tódolos funcionarios aboarán cota dobre, agás nos casos previstos no epígrafe terceiro, punto 3 desta orde.

ANEXO VI

TÁBOA SALARIAL POR GRUPOS

GrupoRetribucións básicas

brutas anuais

(14 meses)

I. Titulados superiores3.726.128

II. Titulados de grao medio3.111.010

III. Especialistas e encargados2.497.894

IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª2.116.576

V. Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados1.841.616

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51, 52, 53 e 54 do grupo III percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de...115.794

GrupoRetribucións básicas

brutas anuais

(14 meses)

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 10a, 10b, 10c, 10d e 10e do grupo V percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de...55.552

COMPLEMENTOS SALARIAIS

Trienio4.252 ptas./mes

Complemento de perigosidade11.707 ptas./mes

Complemento de toxicidade11.707 ptas./mes

Complemento de penosidade11.707 ptas./mes

Complemento de dispoñibilidade horaria58.534 ptas./mes

ANEXO VII

RETRIBUCIÓNS BÁSICAS

Contía mensual

GrupoSoldoTrienio

A164.4106.315

B139.5405.053

C104.0173.792

D85.0522.533

E77.6461.900

Complemento de destino

NivelContía mensual

30123.744

29110.997

28106.328

27101.658

2689.186

2579.128

2474.459

2369.792

2265.122

2160.462

2056.164

1953.294

1850.425

1747.556

1644.692

1541.821

1438.955
1336.085

1233.215

1130.350

1027.481

As pagas extraordinarias devengaranse en contía igual, cada unha delas, a unha mensualidade de soldo e trienios.

A contía anual do complemento de destino percibirase distribuída en 14 pagas.

ANEXO VIII

QUENDAS

Quenda

fixa

Quenda rot.

simple

Quenda rot.

complexa

Grupo A8.395

Grupo B5.5979.51513.430

Grupo C4.4777.55410.632

Grupo D3.3586.1578.954

Grupo E2.7995.0387.276

ANEXO IX

CódigoDenominaciónQuendaP.R.D.

S-B-25ATS Consulta ext. hospitalFixa5.496

S-B-25ATS Consulta ext. hospitalR. simple9.414

S-B-24A.T.S. Consulta II.AA.Fixa5.496

S-B-24ATS Consulta II.AA.R. simple9.414

ANEXO X

ModalidadeFactoresMédico xeralPediatraOdontólogoATSFisioterapeutaAsistente social

AOrdinaria44,33 ptas./mes/aseg.

De 0 a 500 aseg.10.814 ptas./mes

De 501 a 1.500 aseg.32.441 ptas./mes

De 1.501 a 2.500 aseg.43.255 ptas./mes

Máis de 2.500 aseg. 54.068 ptas./mes

Menos de 20.000 hab.10.814 ptas./mes10.814 ptas./mes

ModalidadeFactoresMédico xeralPediatraOdontólogoATSFisioterapeutaAsistente social

De 20.000 a 25.000 hab.21.628 ptas./mes21.628 ptas./mes

De 25.000 a 30.000 hab.27.034 ptas./mes27.034 ptas./mes

Máis de 30.000 hab.32.441 ptas./mes32.441 ptas./mes

BOrdinaria44,33 ptas./mes/aseg.

De 0 a 500 aseg. 21.628 ptas./mes

De 501 a 1.000 aseg.27.034 ptas./mes

Máis de 1.000 aseg.32.441ptas./mes

C16,22 ptas./mes/aseg.

D(Dif. con 1.050x44,33 ptas./mes/aseg.)

EI40% da mod. A22.659 ptas./mes40% da mod. A

II50% da mod. A42.314 ptas./mes50% da mod. A

III60% da mod. A53.327 ptas./mes60% da mod. A

1 municipio5.407 ptas./mes9.732 ptas./mes

De 2 a 3 municipios10.814 ptas./mes15.139 ptas./mes

Máis de 3 municipios21.628 ptas./mes25.953 ptas./mes

F21.628 ptas./mes21.628 ptas./mes10.814 ptas./mes

G32.441 ptas./mes16.221 ptas./mes

HXefe unidade10.814 ptas./mes10.814 ptas./mes

Xefe servicio32.441 ptas./mes32.441 ptas./mes32.441 ptas./mes

Coord. de área27.034 ptas./mes27.034 ptas./mes27.034 ptas./mes10.814 ptas./mes10.814 ptas./mes10.814 ptas./mes

Coord. de servicio16.221 ptas./mes16.221 ptas./mes

I32.441 ptas./mes12.809 ptas./mes

ANEXO XI

GARDAS MÉDICAS SERVICIOS XERARQUIZADOS

Modalidade prest. de servicioMódulo horarioValor módulo

Presencia física17 horas33.009
Presencia física24 horas46.602
Localizada17 horas16.504
Localizada24 horas23.299

ATENCIÓN CONTINUADA RESIDENTES EN FORMACIÓN

Facultativos internos residentes (MIR)

Modalidade prest. de servicioMódulo horarioImporte ptas.

Presencia física:
Primeiro ano17 horas18.542
24 horas26.177
Segundo ano17 horas19.671
24 horas27.771
Terceiro ano e sucesivos17 horas20.812
24 horas29.430

MATRONAS EN FORMACIÓN

ResidentesImporte/hora

Enfermeira/o en formación 1º ano927
Enfermeira/o en formación 2º ano985

ATENCIÓN CONTINUADA PERSOAL NON FACULTATIVO

Modalidade prest. de servicioGrupoImporte ptas.

A: serv. noct. 1ª e 2ª semanaB15.618
A: serv. noct. 1ª e 2ª semanaC12.705
A: serv. noct. 1ª e 2ª semanaD e E11.115
A: serv. noct. 3ª e 4ª semanaTodos9.202
B: serv. domingos e festivosB3.684
B: serv. domingos e festivosC3.374
B: serv. domingos e festivosD e E3.069

ATS/DUE EQUIPOS TRANSPL. PERFUSIÓN, HEMODIN. E HIST.

Modalidade prest. de servicioMódulo horarioValor módulo

ptas./mes

Presencia física67 horas/mes54.466
Localizada134 horas/mes54.466

ATENCIÓN CONTINUADA URXENCIAS EXTRAHOSPITALARIAS

Modalidade prest. de servicioValor módulo

ptas./hora

Presencia física persoal facultativo1.941
Localizada persoal facultativo971
Presencia física ATS/DUE1.359
Localizada ATS/DUE679

NOMEAMENTO PARA A ATENCIÓN CONTINUADA URXENCIAS

EXTRAHOSPITALARIAS

Modalidade prest. de servicioValor módulo

ptas./hora

Presencia física persoal facultativo1.941
Presencia física ATS/DUE1.359

MÓDULOS ATENCIÓN CONTINUADA FACULTATIVOS EXENTOS DE GARDAS

DE ANTENCIÓN ESPECIALIZADA

Modalidade prest. de servicioMódulo horarioValor módulo

importe ptas.

Presencia física4 horas23.301