De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas
e da orde social, relaciónase resolución de recurso de reposición pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Pontevedra en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regula o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publiación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sin efectuarse a comparencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 15 de decembro de 2000.
Francisco Lozano Rodríguez
Delegado territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado Procedemento
DNI 50.409.610-G
R/ Emilio López Puigcerver, 14
Madrid Expte.: 12488/96
Liq.: 600602617278Bautista Cordero, Carlos Rafael
Resolución recurso de reposición contra liquidacións.

