O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.
As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que
se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotacións de estradas.
Con data do 23 de decembro de 1997, procédese á aprobación do proxecto de construcción das obras de alargamento e mellora da LU-612, Mougán-Portomarín, fase I, treito: Mougán-Río Ferreira, de clave: N/LU/90/4.3, nos concellos de Guntín e Portomarín, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Con data do 2 de xuño de 2000, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 151/2000, publicado no DOG nº 121, do 22 de xuño de 2000.
Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que figuran nas relacións expostas nos concellos de Guntín e Portomarín, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.
Casa do Concello de Portomarín.
Horario: das 10.30 ás 13.30 horas.
Día 20 de febreiro de 2001.
De: Agra Cabanas, Inés.
A: Vázquez Sufuentes, Marcelino.
Casa do Concello de Guntín.
Horario: das 10 ás 13.30 horas.
Día 21 de febreiro de 2001.
De: Concello de Guntín.
A: López Rodríguez, José.
Día 22 de febreiro de 2001.
De: Lorenzo García, Mª del Mar.
A: Vázquez Rodríguez, José.
A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos nos concellos de Guntín e Portomarín e na Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo; Ronda da Muralla, 70-5ª planta.
Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último
recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.
Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondentes, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.
Lugo, 15 de xaneiro de 2001.
Carlos Escudero Vigil
Enxeñeiro xefe provincial de Estradas

