Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación en Carballedo.
Situación: Guitiriz.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 con orixe na liña de media tensión Tumboliño e remate no centro de transformación de Carballedo de 1.471 m de lonxitude. Centro de transformación de Carballedo de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 180 m de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 24 de novembro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

