Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Coruña, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. O Covelo.
Situación: Cambre.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al de 33 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da liña SMC 701 Cambre-Sigrás e final no C.T. no Covelo, para instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en O Covelo. Cambre.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 28 de novembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

