Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distrubición, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., .C.T. rúa da Batalla.
Situación: Oroso.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x150) mm Al, de 110 m de lonxitude con orixe na liña que alimenta o C.T. Babío (expediente 52528) e final na mesma liña, unha vez entre e saia do C.T. rúa da Batalla, que se vai instalar. Centro de transformación en baixo de edificio de vivendas na rúa da Batalla de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Sigüeiro. Oroso.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 28 de novembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

