Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2001 Páx. 903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 124/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25

de abril, e do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente sancionador: Secretaría 124/2000.

Denunciado/a: Mª Ángeles Incio Piñeiro.

DNI/CIF: 32.675.437-G.

Último enderezo coñecido: Fontenova, 32, Pontedeume.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: quince mil pesetas.

A Coruña, 13 de novembro de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña