Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2001 Páx. 903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 577/2000 e dous máis.

Non sendo atopados nos domicilios coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación cos seus expedientes sancionadores, informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoos de que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do

22-5-1987.

A Coruña, 15 de decembro de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Delegado provincial da Coruña

Exp. nºActa nºTitularNIF/DNIEnderezoMateriaData res.Sanción

577/20001532/1999Mariage, S.L.B-15.474.422Fernando VI, B-2, P1-4º A. FerrolSeguridade e hixiene2-11-2000300.000 ptas.

501/2000810/2000Carrocerías Armando Lorenzo, S.L.15.351.844-BAs Casillas-Viadeiro. MiñoSeguridade e hixiene9-11-2000250.100 ptas.

Exp. nºActa nºTitularNIF/DNIEnderezoMateriaData res.Sanción

355/2000502/2000Gemaldes Vetter, S.L.B-36.332.781R/ San Luis, s/n. Pontecesures-PontevedraSeguridade e hixiene11-9-2000500.200 ptas.