De conformidade co disposto nas bases 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC de encargado de reprografía, convocada por Resolución do 28 de xullo de 2000, e remitida polo tribunal nomeado para o efecto a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo,
RESOLVO:
Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría de encargado de reprografía, que se publica como anexo desta resolución.
Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no CIXTEC a documentación á que se refire a base 7.1 da convocatoria.
Terceiro.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e, ademais, contencioso-administrativo ante o órgano da xurisdicción contencioso-administrativa competente.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2001.
Gonzalo Gómez de Montaña
Director xeral do Centro Informático para a Xestión
Tributaria, Económico-Financeira e Contable
ANEXO
Relación definitiva de aspirantes que superaron
o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC, de encargados de reprografía
Nome e apelidos: José Manuel Pérez Rey.
DNI: 52.470.9890
Nota 1: 17.00
Nota 2: 15.00
Nota 3: 5.00
Méritos: 0
Total: 37

