Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2001 Páx. 907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Lugo, na sesión ordinaria do día oito de novembro de dous mil, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación da parcela número 33 do polígono número 2 do sector SUNP SUR-B, A Louzanete-As Areeiras: aprobación inicial, por solicitude de Ovidio Villar Liñares, presidente da xunta de compensación do polígono número 2 do sector SUNP Sur-B (A Louzaneta-As Areeiras).

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda Muralla número 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 29 de novembro de 2000.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de área