Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2001 Páx. 907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O concello, en sesión realizada o 28 de setembro de 2000, acordou aproba-lo proxecto técnico de

reformado de básico e execución de 1ª e 2ª fase para construcción da casa do concello, e o prego de cláusulas administrativas, os cales se expoñen ó público polo prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG e no BOP, para os efectos de reclamacións. Simultaneamente anúnciase o concurso público, se ben a licitación se aprazará no suposto de que se formulen reclamacións contra o proxecto técnico e o prego de condicións.

1. Órgano de contratación: Concello de Moaña (Pontevedra).

2. Modalidade da adxudicación: expediente ordinario por procedemento aberto mediante a forma de concurso.

3. Contido do contrato e obxecto da licitación: o contido é a construcción do reformado básico 1ª e 2ª fase da casa do concello, de acordo co proxecto técnico e prego de cláusulas administrativas aprobadas polo concello.

4. Tipo de licitación: 210.222.243.

5. Prazo de execución: 18 meses.

6. Nome e enderezo a que debe dirixirse as ofertas: Secretaría do Concello, rúa Ramón Cabanillas nº 108-Moaña.

7. Data límite de recepción das ofertas: o día no que se cumpran 26 días contados desde a data de publicación deste anuncio no DOG ou BOP.

8. Apertura de ofertas: terá lugar no salón de actos do concello, ás 13 horas do quinto día hábil, contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións. Se fora sábado, será o día seguinte hábil. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data na que efectuou o envío.

9. Garantía provisional e definitiva: os licitadores acreditarán o depósito da garantía provisional á disposición do concello, polo importe equivalente ó 2% do orzamento establecido na licitación e igualmente o adxudicatario está obrigado a deposita-la garantía definitiva, polo importe do 4% do orzamento de adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: as obras fináncianse con cargo á subvención da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local da Xunta de Galicia e á contribución municipal na forma prevista no prego de condicións, e o pagamento mediante certificacións das obras executadas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico a que deberá axustarse o contratista: clasificación obras deste tipo con orzamento superior a 210.000.000 de pesetas.

12. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la oferta: 18 meses.

13. Os criterios de selección e modelo que se utilizarán para a adxudicación do contrato serán os

que figuran na cláusula 2 do prego de condicións aprobado para este concurso. A proposición presentarase na forma establecida no prego de condicións, de conformidade co modelo recollido na cláusula 17. Presentaranse simultaneamente coa proposición, en sobre á parte, os documentos que se sinalan na dita cláusula.

14. Para máis información, prego de condicións á disposición dos concursantes que figura na secretaría municipal.

Moaña, 5 de outubro de 2000.

Javier Barreiro Tenorio

Alcalde