O concello, en sesión realizada o 28 de setembro de 2000, acordou aproba-lo proxecto técnico de ampliación do cemiterio municipal e o prego de cláusulas administrativas, os cales se expoñen ó público polo prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG e no BOP, para os efectos de reclamacións. Simultaneamente anúnciase o concurso público, se ben a licitación se aprazará no suposto de que se formulen reclamacións contra o proxecto técnico e o prego de condicións.
1. Órgano de contratación: Concello de Moaña (Pontevedra).
2. Modalidade da adxudicación: expediente ordinario por procedemento aberto, mediante a forma de concurso.
3. Contido do contrato e obxecto da licitación: o contido e ampliación do cemiterio municipal, de acordo proxecto técnico e prego de cláusulas administrativas aprobadas polo concello.
4. Tipo de licitación: 153.245.729.
5. Prazo de execución: 18 meses.
6. Nome e enderezo a que debe dirixirse as ofertas: Secretaría do Concello, rúa Ramón Cabanillas nº 108-Moaña.
7. Data límite de recepción das ofertas: o día no que se cumpran 26 días contados desde a data de publicación deste anuncio no DOG ou BOP.
8. Apertura de ofertas: terá lugar no salón de actos do concello, ás 13 horas do quinto día hábil, contados desde a finalización do prazo de presentación de proposicións. Se fora sábado, será o seguinte hábil. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data na que efectuou o envío.
9. Garantía provisional e definitiva: os licitadores acreditarán o depósito da garantía provisional á disposición do concello, polo importe equivalente ó 2%
do orzamento establecido na licitación e igualmente o adxudicatario está obrigado a deposita-la garantía definitiva, polo importe do 4% do orzamento de adxudicación.
10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: as obras fináncianse con cargo a fondos municipais na forma prevista no prego de condicións, e o pagamento mediante certificacións das obras executadas.
11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico a que deberá axustarse o contratista: clasificación obras deste tipo con orzamento superior a 153.000.000 de pesetas.
12. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la oferta: 18 meses.
13. Os criterios de selección e modelo que se utilizarán para a adxudicación do contrato serán os que figuran na cláusula 2 do prego de condicións aprobado para este concurso. A proposición presentarase na forma establecida no prego de condicións, de conformidade co modelo recollido na cláusula 17. Presentaranse simultaneamente coa proposición, en sobre á parte, os documentos que se sinalan na dita cláusula.
14. Para máis información, prego de condicións á disposición dos concursantes que figura na secretaría municipal.
Moaña, 5 de outubro de 2000.
Javier Barreiro Tenorio
Alcalde

