1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. 36071 Pontevedra.
a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Patrimonio.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: subministración de motocicletas e ciclomotores para a policía local.
b) Lugar de entrega: casa do concello.
c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración no prazo de trinta días contados desde a data da formalización do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria. Aberto. Concurso.
4. Orzamento de licitación: 7.400.000 ptas., incluído todo xénero de gastos, IVE e matriculación.
5. Garantías:
a) Provisional: 148.000 ptas. b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.
6. Obtención de documentación e información:
a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono 986 80 43 00. Fax 986 86 01 02.
b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. De 9 a 13 horas.
d) Prazo no que o licitador está ogrigado a mante-la súa oferta: tres meses.
8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación, ás 9 horas do luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación de ofertas.
9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:
a) Os dos anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.
b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.
c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.
d) Os de transporte e entrega da subministración.
e) Os de matriculación das motocicletas e ciclomotores.
Pontevedra, 24 de novembro de 2000.
Raimundo González Carballo
Tenente alcalde delegado da área de Xeración
e Xestiónde Recursos
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

