Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2001 Páx. 910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de actuación números 1 e 3 do plan de mobilidade peonil das rúas Peregrina, Glorieta de Compostela, Andrés Muruais e Daniel de la Sota.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia. b) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: poxa.

4. Orzamento da licitación: 77.469.403 ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Clasificación do contratista:

-Grupo C, subgrupo 6, categoría d.

-Grupo E, subgrupo 1, categoría d.

-Grupo G, subgrupo 4, categoría d.

6. Garantías:

a) Provisional: 1.549.388 ptas.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Telf./fax: 986 80 43 00/86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal el licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas, na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 1 de decembro de 2000.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado da área de Xeración

e Xestión de Recursos

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral