Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2001 Páx. 911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO SAVIÑAO

EDICTO.

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o pasado día 27 de novembro, e tal como dispón o artigo 43 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e xa que as alegacións formuladas pola Corporación ó PXOM son substanciais, acordou abrir un novo período de exposición pública do plan durante o mes seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG para os efectos de que se poidan formula-las alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

O Saviñao, 16 de xaneiro de 2001.

Joaquín González González

Alcalde