Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2001 Páx. 949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/281-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: retranqueo Rinlo (L.M.T. Taragoña-Rianxo).

Situación: Rianxo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 100 m de lonxitude en conductor R.H.V. 240 mm Al, entre o C.T. de Rinlo e a propia L.M.T. aérea. Concello de Rianxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña