Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Pizarras Gallegas, S.A.
Enderezo social: M. Cervantes, 46, 32340 Vilamartín de Valdeorras.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., para explotación de pizarra a calzada.
Situación: Vilamartín de Valdeorras.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 378 m derivada desde unha cela de saída no C.T. existente, propiedade de Pizarras Gallegas, S.A., en conductor R.H.V. 12/20 kV, para seguir desde o apoio próximo en LA-56 ata o centro de transformación en caseta preto do túnel 2, con dous trafos: un de 600 kVA, R/T 20/5 kV e outro de 400 kVA móbil R/T 5.000/380 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 4 de decembro de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense

