Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2001 Páx. 949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/259-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: retranqueo peirao do Marqués (L.M.T., C.T. e R.B.T.).

Situación: Noia.

Descricións técnicas: retranqueo L.M.T. aérea a subterránea da L.M.T. a C.T. Moledo, a 20 kV, de 325 m de lonxitude en conductor R.H.V. 95 mm Al e con entrada e saída no novo centro que se vai instalar no peirao do Marqués de 630 kVA. Concello de Noia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de decembro de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións