Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. travs. García Picos.
Situación: Miño.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15/20 kV de 92 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T.S. de C.T. avda. Xeneralísimo a C.T. José Antonio, nº 21 e final no C.T. interior de 400 kVA na travesía de García Picos, nº 2. Concello de Miño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 4 de decembro de 2000.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións

