1. Obxecto e orzamento: contratación pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, dun servicio de seguridade na Delegación Provincial da Coruña, por un importe máximo de 9.123.461 pesetas (IVE incluído) (54.833,11 euros).
2. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 4.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 4.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Clasificación económica:
Grupo: subgrupo: categoría:
5. Prazo de execución: ver punto 8.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Servicio de Contratación; teléfono: 981 54 57 65.
7. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP).
8. Admisión de variantes: non se admiten.
9. Criterios de adxudicación: ver punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo
quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (no ático da á norte), a partir das 9.30 horas do sétimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
12. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
13. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2001.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos

