Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2001 Páx. 952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ANUNCIO do 21 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición do permiso de actividade dun establecemento auxiliar de cultivos mariños.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, sométese a información pública a petición de permiso do establecemento que se describe:

-Tipo: estación depuradora e centro de expedición.

-Nome: Parque de Mariscos José García Abella, S.L.

-Actividade: depuración-envasado.

-Especies: moluscos.

-Situación: A Pasaxe-As Xubias (A Coruña).

-Solicitante: Parque de Mariscos José García Abella, S.L.

CIF: B-15.348.766.

O expediente, integrado polo proxecto e documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurí

dica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que estime oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Edificio administrativo San Caetano. 15771 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: de 9 a 14 horas.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2000.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños