A Comisión de Goberno, en sesión do 25 de outubro de 2000, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso, para a subministración e instalación de xogos infantís en diversas zonas do Concello de Lugo.
Por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a adquisición e instalación de xogos infantís na Acea de Olga, rúa Casas Vellas e Aquilino Iglesias, segundo se establece no prego de características técnicas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Tipo de licitación.
O prezo máximo do contrato cífrase en 5.000.000 de pesetas. Non obstante, o prezo do contrato será o ofertado polo adxudicatario.
5. Garantías.
Provisional: 100.000 pesetas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002.
d) Teléfonos: 982 29 71 86/982 29 71 43.
e) Telefax: 982 29 72 59.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convenientes.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).
c) Localidade: Lugo.
d) Data: na primeira da reunión da Xunta de Compras que terá lugar con posterioridade ó remate do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 13 de novembro de 2000.
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
Visto e prace
P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)
Fernando X. Blanco Álvarez
Tenente alcalde delegado de área

