En cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, faise público que por resolución da Alcaldía, con data do 15 de xaneiro de 2001, foi aprobado inicialmente o proxecto de urbanización presentado por Promociones A Mariña 2000 para un tramo da vía V-1 do PXOU comprendida entre a estrada de Vilaselán e A Lodeira.
Durante o prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as alegacións que consideren convenientes.
Ribadeo, 15 de xaneiro de 2001.
José Carlos Rodríguez Andina
Alcalde

