Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2001 Páx. 960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2001 referente á convocatoria de concurso-oposición para cubrir tres postos de traballo de persoal laboral fixo: auxiliares de axuda a domicilio (sec.-2000000371).

O alcalde por Decreto do 14-12-2000, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión con carácter definitivo dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para o ano 2000):

Persoal laboral.

Posto: tres auxiliares de axuda a domicilio.

Publicación íntegra das bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 295, do 27-12-2000.

(Inclúense temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 8 de xaneiro de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde